O Festival Noroeste Estrella Galicia celebrarase en agosto en 15 espazos e con máis de 90 bandas

  • A cita terá lugar entre os días 8 e 13 e contará con 200 horas de música
O Festival Noroeste Estrella Galicia celebrarase en agosto en 15 espazos e con máis de 90 bandas
O Festival Noroeste Estrella Galicia celebrarase en agosto en 15 espazos e con máis de 90 bandas
EUROPA PRESS
EUROPA PRESS

O Festival Noroeste Estrella Galicia desenvolverase este ano na Coruña entre o 8 e o 13 de agosto, en 15 espazos e con máis de 90 bandas e un total de 200 horas de música, segundo informaron os seus promotores no avance desta edición.

Na presentación desta XXXI edición, participaron, entre outros, o brand manager de SON Estrella Galicia, Víctor Mantiñán, e o concelleiro de Culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande.

En rolda de prensa, o concelleiro de Culturas sinalou que este festival "vai máis aló da música xa que é unha aposta da cidade".

"Non só damos a coñecer, unha vez máis, o potencial artístico da Coruña, unha cidade ilustrada e de música, se non que tamén pomos en valor os nosos espazos simbólicos e tradicionais", engadiu sobre os distintos espazos onde se celebrará.

PROPOSTAS

Na praia de Riazor actuarán os Kaiser Chiefs. Aviador Dro, Surfing Bichos ou Los Begala serán outros dos participantes nun festival que terá lugar en escenarios como o Castelo de San Antón; o Campo da Leña ou a praza das Bárbaras.

Na presentación, participaron tamén a coordinadora da asociación Nave 1839, Sara Roca; Xosé Lois Romeu, da xunta directiva de Músicos ao Vivo e Tomi Legido, coordinador do Concurso de Bandas, voz e e guitarrista de Ánima, gañadores na pasada edición do concurso de maquetas.

Mostrar comentarios