Un total de 72 graos xa pecharon a súa matrícula nas universidades galegas

  • O inicio do curso académico aproxímase en Galicia. No caso das universidades galegas, arrincará o próximo 11 de setembro, e de momento pecharon matrícula un total de 72 graos con límite de prazas.
Un total de 72 graos xa pecharon a súa matrícula nas universidades galegas
Un total de 72 graos xa pecharon a súa matrícula nas universidades galegas
EUROPA PRESS
EUROPA PRESS

En concreto e para o cuarto prazo de matrícula, que se estenderá entre o 4 e o 6 de setembro (ata as 14.00 horas), pechan as súas prazas 24 novos graos, 11 na Universidade de Vigo (UVigo), outros 11 na súa homóloga compostelá (USC) e dúas na Coruña (UDC).

En Vigo, completan matrícula para este novo prazo Dereito, Educación Infantil, Educación primaria, Enxeñaría Informática e a simultaneidade de ADE-Enxeñaría Informática (Campus de Ourense); Educación Infantil, Educación primaria, Fisioterapia, Publicidade e Relacións Públicas (Campus de Pontevedra); e Dereito e Tradución e Interpretación Galego-Francés, no Campus vigués.

Na institución compostelá, pola súa banda, esgotan prazas Administración e Dirección de Empresas, Educación Social, Enxeñaría Química, Farmacia, Física, Matemáticas, Mestre en Educación primaria, Pedagoxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos, e as simultaneidades de Química-Bioloxía e Química-Física. Todas no campus de Santiago.

Finalmente, no campus da Coruña da UDC, pechan matrícula Química e Terapia Ocupacional.

Mostrar comentarios